E diredes: que ciencia ten asar uns pementos? Pois resulta que bastante, porque acabei rachando un molde de Pirex 😀 Agora en serio, esta receita fai moito avío para ter uns pementos suaves e cheos de sabor listos para usar … Ler máis
Dourada asada á cervexa
A ós non vos pasa que cada vez usades máis o forno? Eu ultimamente ando un pouco perguiceira aproveito para facer varios pratos á vez: manchase menos e dá menos traballo. Esta dourada ao forno é un prato ben xeitoso … Ler máis
Foccacia dun día para o outro
Hoxe temos unha receita ben sinxela para os que queredes comezar a facer pan pero non vos atrevedes aínda a facer lévedo, roscas, bolas, etc (os que estades coma min, resumindo).
A foccacia é un pan típico da rexión italiana … Ler máis
Arroz con leite ao forno
Nunca me gustou moito o arroz con leite, especialmente o que está moi doce e/ou espeso, pero teño que dicir que con esta receita cambiei de opinión: queda solto e aromático. Eu empreguei loureiro porque me gusta moito como queda … Ler máis
Crema de brócoli e chícharos
Que tal andades? Agardo que o comezo do ano non sexa moi arrepiante, que despois destes meses que levamos… moito ánimo! Hoxe traio unha receita desas sinxelas, e atentendo aos propósitos de aninovo, máis lixeira 😉 e sobre todo, doada … Ler máis