Arroz con leite ao forno

Nunca me gustou moito o arroz con leite, especialmente o que está moi doce e/ou espeso, pero teño que dicir que con esta receita cambiei de opinión: queda solto e aromático. Eu empreguei loureiro porque me gusta moito como queda (tendes outro exemplo doce nesta receita de brownie de chocolate e centeo) pero se non tendes ou non vos convence, podédelo substituir por unha rama de vainilla, uns grans de café ou incluso unha folla de eucalipto.

Importante: para que quede ben a costra, que é o que ha manter o sabor, cómpre usar leite gordo (enteiro). Se pode ser fresco, mellor.

Ingredientes (para 6-8 racións)

Un litro e medio de leite fresco

150 gr de azucre

100 gr de arroz de gran redondo

Pel de media laranxa e de medio limón

Unha rama de canela

Dúas follas de loureiro

Un belisco de sal

  1. Nunha pota botamos todos os ingredientes e poñémolos a cocer ata que fervan.
  2. Retiramos do lume, remexemos e vertemos nun bol ou fonte grande e profundo.
  3. Cocemos no forno a 150º , ca opción de calor por arriba e por abaixo.
  4. Cocémolo unha hora e cuarto, SEN REMEXER, ata que teña unha costra de tona marrón coma na foto.
  5. Deixámolo repousar ata o día seguinte: servimos morno ou do tempo.

Qué vos parece a receita?

Detalle do loureiro
Unha vez servido

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *