Batata asada

Esta receita foi unha proba para cambiar de acompañamento para a carne, e que éxito tivo! No canto dos tradicionais cachelos, estas batatas asadas teñen un sabor doce e unha textura moi lene, hanvos encantar! Combinan moi ben coa carne de vitela ou de polo, e tamén se poden tomar coma petisco ou entrante, tamén mesturadas con patacas asadas co mesmo método!

Se coma min, descubristes tarde as batatas, velaiquí tendes unha receita doce para experimentar con elas!

Ingredientes (para dúas racións de acompañamento)

2 batatas medianas.

4 ou 5 culleres de aceite de oliva

Ourego e sal

  1. Prequecemos o forno a 180º
  2. Lavamos as batatas e cortamos rodas de 2 cm. de grosor. Cortamos cada roda pola metade.
  3. Colocamos papel de forno na bandexa, untámolo con dúas culleres de aceite e poñemos un pouco de ourego e sal.
  4. Colocamos os anacos de batata deixando espacio dabondo para darlles a volta. Botamos un pouco de aceite, ourego e sal por riba.
  5. Cocemos durante 10 minutos e dámoslle a volta peza por peza ca axuda dun garfo.
  6. Cocemos 10 minutos máis e cando estean un pouco douradas, sacámolas.

2_batata

Que aproveite!

Un comentario en “Batata asada”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *