Biscoito de canela e mazá

Ultimamente estou a experimentar metendo máis froita nas queiques e nos pasteis, e a verdade é que paga a pena. Saen máis saborosos, duran máis (se usades froita fresca axuda a conservar a humidade) e engordan menos. Esta receita é unha adaptación desta, pero quitando o tomiño, que o deixarei para pasteis máis salgados. Tamén pode levar prebe de caramelo ou doce de leite, en plan merendola, pero eu prefiroa sen nada.

Ingredientes

100 gramos de fariña

100 gramos de azucre

2 ovos

125 mililitros de aceite de xirasol

3 culleres de leite gordo

1 culleriña de canela (non moi chea, ao ras)

1/2 culleriña de lévedo químico (tipo Royal)

1/4 culleriña de noz moscada

1/4 culleriña de sal

3 mazás pequenas (mellor se son un pouco acedas, tipo tabardilla)

Un chisco de manteiga ou aceite de xirasol para engraxar o molde.

maza1

  1. Prequentar o forno a 170º
  2. Nun bol botamos a fariña, o lévedo, a canela, a noz moscada e o sal. Batemos ata que estea ben mesturado.
  3. Noutro bol mesturamos o aceite, os ovos, o azucre e o leite.
  4. Botamos o contido do primeiro bol no segundo, remexendo con conta para que non se fagan grumos.
  5. Pelamos as mazas, sacámoslles os centros e cortámolas en dadiños pequenos.
  6. Botamos as mazás á masa e remexemos para que a masa cubra ben tódolos anacos.
  7. Engraxamos o molde, botamos a masa e cocémola entre 20 e 30 minutos, ata que estea dourado por riba e seco por dentro.

Que aproveite!

7 comentarios en “Biscoito de canela e mazá”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *