Cinco trucos para facer ben a pasta

Un deses pratos que tanto avío fan e que poden mellorar moitísimo cuns pequenos trucos: Os macarróns foron unha das primeiras cousas que cociñei na vida, e durante moito tempo, a miña comida “boa-e-rápida” era pasta con tomate e atún. Como se trata dun ingrediente relativamente novo no nosa gastronomía, hai moitos mitos e falsas verdades ao respecto da forma de cociñala.

Despois do éxito dos trucos para facer tortilla, imos cunha pequena lista para que vos saian uns pratos de pasta…deliciosos! podédelos por en práctica facendo pasta con espinacas e mascarpone, ou spaghetti alle vongole! Xa contaredes que tal vos sae 😉

    • O primeiro é comprar unha boa pasta. As marcas brancas e a que empeza por Ga- e remata por -llo soen ser moi finas e quedan gomosas ao coceren. A diferencia de prezo pode ser máis do dobre, pero se tendes en conta que dun paquete saen 5 racións, a diferencia por prato pode ser de 15 ou 20 céntimos, e a diferencia no padal ben que se nota! As miñas recomendacións de marcas serían, sen orde de preferencia: Barilla, De Cecco e Garofalo, todas elas dispoñibles en supermercados grandes. Unha excepción das marcas brancas é o Lidl, que ten moi bos tallaríns e nidos da súa propia marca. Os gnocchi frescos son moi recomendables tamén!*

 

    • Para cocer a pasta só cómpre auga e sal. O de botarlle aceite e/ou loureiro non serve para nada, xa que a cocción é curta e non se vai absorber. Para que non se pegue hai que remexer unha ou dúas veces mentres o coce e…

 

    • Usar unha pota adecuada: ha de ser grande dabondo para que caiba un litro de agua por cada 100 gramos de pasta, e preferiblemente cunha base pequena e alta, para que a pasta coza mellor. Normalmete nos paquetes xa veñen instruccións de tempo para que que al dente ou suave, iso xa vai para gustos, pero calculade tamén que se lle engadides mollo quente e remexedes, vaise abrandar un chisco.

 

    • Ao escorrer a pasta non fai falta botarlle auga fría: só é útil se a ides gardar para o día seguiente ou para ensalada de pasta, porque serve para que a pasta non abrande máis. A miña recomendación e que a cozades al dente e usedes a pota para quentar o mollo antes de volver engadir a pasta e remexer durante un minuto, para que ligue ben e quede todo ben repartido.

 

    • Por último, só recordar que hai moitas combinacións ademáis que non inclúen nen tomate nen queixo relado. Podedes facer un rustrido, poñela con carme picada, pementa, salmón… as posibilidades son infinitas!

 

pasta4

Coñeces máis trucos ou recomendacións? Deixádeas nos comentarios ou no Twitter!

*PD: Non recibo pago ningún do Lidl, nen de outras marcas. Se chega o día que alguén me queira pagar por aparecer nos artigos, avisareino coma é debido 🙂

PD-2: A imaxe que ilustra o post é desta web

10 comentarios en “Cinco trucos para facer ben a pasta”

    1. Graciñas!! Alégrme moito que che gustase, parece que estes artigos hanse convertir nos máis populares do blog 😀
      Unha aperta para ti tamén!

  1. Barilla é moi boa. Eu teño a posibilidade de traerma tamén de Italia. O meu prato de pasta preferido é un simple con allo e aceite de oliva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *