Cinco trucos para facer bo café na casa

En case todas as casas hai unha cafeteira italiana, de metal, de-toda-a-vida. É a que eu uso máis a miúdo, xa que o café de pota non me acaba de convencer, e acho que as Nespresso saen moi caras para unha adicta ao café coma min. Este é o meu o meu top 5 de trucos para que saia un café rico:

  1. Moer o café na casa, ou compralo moído nunha tenda de café. Eu acabo por comprarlo no super moitas veces, pero o arrecendo non é o mesmo. En Ourense podedes probar en Café Campos. Pedídeo moído medio, deste xeito non subiran gráns soltos polo conduto da cafeteira (que logo deixan os posos eses molestos).
  2. Quentar a auga primeiro. Con isto evítamos que o café quente demais co lume e saque gusto metálico. Se vivides nun sitio onde a auga da traída é dura, usade a de botella para evitar que queden manchas de cal. Se por un despiste queimades a goma polo calor, pódense comprar soltas nas ferreterías para non ter que cambiar a cafeteira enteira.
  3. Botar o café a modiño, sen esmagar coa culler para que caiba máis. Con que sobre un cachiño por enriba que se poida aplastar ao pechar xa vale. Isto dependerá tamén da forza do café, pero non por ser máis negro vai saber mellor.
  4. Non deixar que o café ferva. Isto é MOI IMPORTANTE. Café fervido, café fodido: cando saia a escuma beis, sacadéo do lume.
  5. Nunca hai que fregar a cafeteira, sobre todo cando é nova. Os restos do café fan de pantalla para que o líquido non colla sabor metálico, e se lle pasamos o estropallo poden quedar restos de xabón nas esquinas que fan que saiba peor. Enxougala con auga, escorregar e xa está lista para a vindeira taza:

3 comentarios en “Cinco trucos para facer bo café na casa”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *