Dourada asada á cervexa

A ós non vos pasa que cada vez usades máis o forno? Eu ultimamente ando un pouco perguiceira aproveito para facer varios pratos á vez: manchase menos e dá menos traballo. Esta dourada ao forno é un prato ben xeitoso que se fai enseguida, e ten a vantaxe engadida de que incorpora a guarnición, unha cama de patacas e cebola ben rica. Tamén se pode facer con robalizas, quedará igual de bo.

Se vos gustan as receitas de peixe ao forno, non deixedes de visitar esta de salmón con laranxa, a de bacalhau á moda de Braga ou a de xarda mariñada (unha das máis lidas da páxina!).

Ingredientes (para 2 ou 3 racións)

Dúas douradas medianas

Unha cebola pequena ou media grande

3 ou 4 patacas pequenas, das de guarnición

4 culleres de aceite de oliva

250 ml. de cervexa

Sal e pementa ao gusto

  • Prequecemos o forno a 175º
  • Cortamos a cebola en xuliana (ao longo) e gardámola para despois.
  • Lavamos as patacas e cortamólas en rodas de medio cm. de grosor. Se teñen a pel fina, mellor deixarlla, estarán máis sabedeiras.
  • Nunha fonte grande, estendemos dúas culleres de aceite e colocamos as rodas de pataca facendo unha cama.
  • Botamos a cebola por riba, estendémola para repartila por toda a fonte, e botamos un pouco de sal e pementa. 
  • Facémolle dúas fendas no lombo a cada dourada, colocámolas na fonte e botamos a cervexa. Enfadimos o aceite (dúas culleres, por riba do peixe)
  • Cocemos no forno durante 25 -30 min e xa estarán listas para servir en pratos individuais.

Que vos pareceu a receita? Apta para perguiceiros ou non?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *