Petisco de berenxena – Baba ganoush

Hoxe temos un prato típico de Oriente Próximo: é un entrante moi popular en Xordania, Líbano, Palestina, Siria e Israel e ten moitas variantes, coma o patlıcan salatası  turco ou o muttabal. Como eu tampouco son experta no tema, procurei facer a versión máis sinxela, se coñecedes trucos ou consellos para mellorala, avisade nos comentarios 😉

Ao faceren a receita é importante torrar ben as berenxenas, xa que o gusto levemente afumado é una das características principais do prato. Tamén hai que ter conta, pero isto xa vai por gustos, de non pasar as berenxenas pola batedora: con anaquiños é máis saboroso. É un prato ideal para petiscar entre horas cuns panciños ou para comer de primeiro prato acompañado de pan de pita torrado, está delicioso!

Ingredientes (para catro persoas)

Dúas berenxenas medianas

2 ou 3 culleres de tahini (pasta de sésamo)

2 ou culleres de aceite de oliva virxe extra + un chisco para decorar

Zume dun limón

Sal e pementa ao gusto

Un dente de allo ben picado e esmagado

Perexil freco picado (opcional)

  1. Prequentamos o forno a 170º e colocamos papel de forno na bandexa negra. Lavamos as berenxenas e cortámolas pola metade ao longo. Colocámolas na bandexa coa pel cara arriba e pinchámolas 3 ou 4 veces cun garfo.
  2. Poñemos a cocer a bandexa na parte de arriba do forno durante 15 minutos, ata que comece a cheirar a queimado e a pel estea negra. Dámoslle a volta e cocemos 15 minutos máis, ata que torren (pero non moito) polo outro lado.
  3. Retiramos a bandexa e deixamos arrefriar.
  4. Nunha cunca ou prato fondo grande botamos o tahini e o zume de limón, remexemos ata mesturar ben e engadimos o aceite, o allo, o sal e a pementa. Remexemos ata facer unha pasta homoxénea.
  5. Pelamos as berenxenas e sacámoslles o líquido que han de ter no interior. Isto pódese facer de dous xeitos: nun coador, apretando cun garfo, ou apretando cas más. Tampouco cómpre apretar moitísimo, con que saian unhas pingas de cada metade, abonda.
  6. Botamos as tiras de berenxena na cuna ou prato e esmagamos cun garfo ata que queden tiras máis pequenas. Decoramos con aceite e perixel e servimos acompñado de pan torrado.

Que aproveite!

baba_ganoush_4 baba_ganoush_

 

Un comentario en “Petisco de berenxena – Baba ganoush”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *