Rolos doces de batata, laranxa e noces

Un dos meus descubrimentos máis recentes é a batata. Ás veces tomase asada ou en crema, o que non coñecía é a súa utilidade para repostería, seica en inglés lle chaman sweet potato. Para facer a masa precisades fariña de forza, tamén chamada “de panadeiro” : fai que levede mellor e aguante mellor o amasado. Véndena en case todas as panaderías. O fermento seco véndeno nalgúns supermercados e en tendas especializadas en produtos naturais.

Estes rolos son unha das receitas máis complicadas ate o de agora, por iso puxen fotos de tódolos pasos importantes. Se seguides todos os pasos non ha ser difícil, pero tede en conta que levará unhas 3 horas polo menos. Mellor deixala para a fin de semana 😉 Se queredes facer doces con froita máis doados, probade este queique de mazá, ou este de amorodos.

Ingredientes (para 12 pezas)

1 batata grande (250 gr.)

250 ml de leite 50 gr. de manteiga

2 culleradas rasas de azucre

Reladura dunha laranxa

Zume dunha laranxa

650 gr. de fariña de forza

1 culleriña de sal

4,5 gr. de fermento seco (medio sobre)

Aceite de xirasol para amasaren

Para o recheo:

100 gr. de noces peladas e picadas

100 gr. de azucre de caña

2 culleriñas de canela moída

Flocos de manteiga (fanse cun coitelo cando está fría)

  1. Pelamos a batata, cortámola en rodas finas e despois en anacos pequenos. Pasámola pola trituradora ata formaren unha pasta. Tamén podédela relar a man.rolos_boniato_prep1
  2. Quentamos o leite ata que estea a piques de ferver. Engadimos a pasta de batata, a manteiga, o azucre, a reladura e o zume da laranxa e remexemos.
  3. Deixamos repousar ata que estea a temperatura ambiente, engadimos o sal, o fermento e a fariña. Remexemos ben e deixamos repousar 10 minutos.
  4. Untamos o mesado co aceite de xirasol (mellor usade un pano de papel) e vertemos a masa. Amasámola a modiño durante 5 minutos e volvemos a metela no bol. Tapamos cun film transparente e deixamos repousar durante unha hora, remexendo unha ou dúas veces cunha culler de pau.rolos_boniato_prep2
  5. Limpamos o mesado de aceite e esparexemos fariña. Botamos a masa do bol e amasamos ata que despegue ben das mans.
  6. Estendemos a masa facendo un rectángulo dun centímetro de grosor.rolos_boniato_prep2b Botámos as noces, a canela, o azucre e mailos flocos de manteiga.rolos_boniato_prep3
  7. Indo con conta, enrolamos a masa ata facer un cilindro. Cortamos en 12 rodas e colocámolas nunha bandexa con papel de forno. Deixamos repousar unha hora máis.rolos_boniato_prep4
  8. Prequentamos o forno a 180º e metemos a bandexa durante 20 minutos, máis ou menos, ata que os rolos douen por riba. Eu puxéno un pouco máis quente, e por iso quedaron un pouco máis churruscados por riba. AVISO: cada forno é un mundo, así que vixiade os rolos mentres cocen!

Que vos parece a repostería con boniato ou pataca? Probaste máis receitas deste tipo?rolos3rolos4

 

3 comentarios en “Rolos doces de batata, laranxa e noces”

  1. Ola¡ Acabo de descubrir a túa cociña a través do teu follow de Instagram, noraboa¡¡ Estábame perdendo un montón de recetas moooooooi interesantes de un veciño ademáis¡
    Pois unha aperta e encantada de aterrizar no teu mundo culinario 🙂

    1. Ola Vero, e benvida!!! Eu tampouco coñecía o teu blog, é cousa fina! Encántanme as fotos. Unha aperta para tí tamén!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *