Rosca de Reis – Bolo rei

Chego un pouco tarde para que empreguedes esta receita para estes Reis, pero así xa queda para o 2015 ou para cando teñades morriña do rosco.

Nun principio non pensaba poñela, pero como resultou maís doado do que eu pensaba, gustaríame compartir o proceso convosco xa que desta vez tirei fotos de todos os pasos!

As cantidades son para unha rosca mediana, dá para 8 racións. O máis difícil de atopar é a auga de azahar (ese condimento que cheira como a perfume de señora) de uso alimentario: a que venden na farmacia non vale, mellor mirade no supermercado ou nas tendas de ultramarinos.

Tende en conta que hai que fermentar a masa dúas veces, polo que leva unha tarde enteira facelo. Se fai frío na casa, os tempos de fermentación son aínda máis longos!

Ingredientes:

370 gramos de fariña de forza

100 gramos de azucre

125 ml. de leite enteiro

75 gr. de manteiga “en pomada”: hai que deixala repousar fóra da neveira ata que estea branda, despois esmagar cun garfo.rosca2

25 gramos de fermento fresco (na sección de refrixerados)

1 culler de ron dourado

1 culler de auga de azahar

Pel relada dunha laranxa

10 gr. de sal

1 ovo

1 xema (a clara pódese usar para outra cousa, gardádea)

Azucre extra, améndoas laminadas e guindas, para decorar ao gusto de cada un.

 

  1. Quentar un pouco o leite e botalo nunha cunca. Cando estea morno (non quente), botar o fermento e desfacelo cas mans. Deixar actuar 15 minutos a temperatura ambiente.
  2. Namentres, tamizamos 300 fariña nun bol e engadimos a casca relada da laranxa e o azucre. Remexemos para mesturalo todo.rosca1
  3. Cando pasen os 15 minutos, engadimos o leite, batemos cunha espátula ata que no centro quede unha masa e nas beiras queden restos de fariña.rosca3
  4. Engadimos a manteiga e mailo ron, a auga de azahar, o sal e a xema, seguimos remexendo ata que non se vexa a fariña e a masa pegue un pouco polas paredes do bol.rosca3a
  5. Isto é o máis importante: enfariñamos unha superficie lisa e botamos a masa. Coas mans enfariñadas amasamos durante 10-15 minutos. Se vedes que se pega moito, engadide máis fariña dos 70 gr. restantes.rosca4
  6. Botamos un chisco de fariña tamizada nun bol, metemos a bola da masa, tapamos con film transparente e deixamos fermentar durante 2 ou 3 horas nun sitio quente. Ao rematar ten que quedar o dobre de grande do que era, máis ou menos.rosca5rosca6
  7. Sacamos a masa, amasamos durante un minuto para quitarlle as bollas de ar que poida ter dentro.
  8. Preparamos unha bandexa con papel de forno por riba.
  9. Facemoslle un burato á masa no medio, cos dedos gordos. Colocamos a masa na bandexa, agrandamos o burato e colocamos unha cunca no medio, untada cun chisco de fariña.rosca7rosca8
  10. Deixamos fermentar a bandexa nun sitio quente ata que dobre o seu tamaño (1 hora aproximadamente).
  11. Batemos o ovo restante cunhas pingas de leite. Pintamos o roscon e despois esparexemos o azucre e as améndoas. Podedes engadir guindas, froita confitada, noces, etc. Eu usei este azucre da caña (semellante ao mascabado) para que quedase unha textura con boliñas. Tamén se consegue este efecto se mesturamos azucre normal cunhas pingas de auga nunha taza e remexemos.rosca11rosca9
  12. Prequentamos o forno a 160º, cocemos durante 30 minutos, ata que estea ben dourado. rosca13 Que aproveite!

 

4 comentarios en “Rosca de Reis – Bolo rei”

    1. Cada ano hai máis xente que o facemos na casa, eu penso que paga a pena, cada día seremos máis! 😀

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *