Biscoito de limón glaseado

Que tal andades? Eu xa con ganas de empezar a fin de semana e de coller vacacións!! Mentres non chegan, estiven a desfrutar deste espectacular queique de limón, con sabor intensísimo e textura lixeira. Penso que é unha das mellores receitas de biscoito que probei, o único malo é que non consigo que deixe de afundir polo medio (se tendes consellos para isto, son benvidos!).

O máis particular é que non leva ovos nen mateiga ou iogur, substitúense por auga fría. Deste xeito, o aroma e sabor do limón teñen o máximo protagonismo. Porén, é moi importante usar un bo limón: de pel grosa e ben fresco. Se vos sobran, podedes ler este artigo de cousas que facer cun limón 😉

Ingredientes (para 8 porcións, aproximadamente)

300 gr. de fariña triga

175 gr. de azucre

Un limón (pel e zume)

100 ml de aceite xirasol, máis un una cullerada para engraxar o molde

170 ml. de auga fría

Un sobre de fermento químico

Un belisco de sal

Para o glaseado:

Zume de medio limón

100 gr de azucre glas

  • Prequecemos o forno a 200º
  • Nun bol mesturamos a fariña co azucre (pero non o glas, ese é para despois),a reladura do limón o sal e o fermento.
  • Engadimos o aceite e o zume de medio limón (o outro medio vai para a cobertura) , batemos.
  • Engadimos a auga e batemos ata facer una pasta homoxenea.
  • Preparamos o molde co aceite e o papel de forno. Enchémolo ca masa.
  • Cocemos no forno durante 30-40 minutos, ou ata que un cóitelo clavado no medio saia seco.
  • Deixamos arrefriar 20 minutos e retiramos quieque co papel.
  • Deixamolo arrefriar por completo nunha reixa de forno.
  • Nun bol, preferiblemente de cerámica, botamos o azucre pasado por un coador. Engadimos AOS POUCOS o zume: é problable que sobre, pero mellor iso que quede demasiado liquído. Ten que verse branquecino e ter unha textura un pouco pegañenta.
  • Colocamos o queique nunha fonte e botamos a glaseado por riba e estendémolo cunha culler de café ou unha espátula.
Unha delicia “mássema”

Un comentario en “Biscoito de limón glaseado”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *