Cinco cousas xeitosas que se poden facer no microondas

O microondas case sempre se usa para quentaren o leite ou as sobras do día antes, pero tamén pode facer avío noutras situacións. Velaiquí tendes unha pequena escolma de trucos.

Se vos gustan este tipo de artigos, lembrade os cinco trucos para facer tortilla de patacas, ou os cinco trucos para facer ben a pasta. E se sabedes algún truco máis co microondas, contádeo nos comentarios!

  1. Facerlle un remollo exprés aos garavanzos/lentellas ou fabas: Se esquecestes poñer os grans a remollo a noite antes, metédeos nun bol cubertos de auga e metédeos no microondas a potencia máxima durante 10 minutos. Despois deixádeo repousar 40 minutos máis dentro, e voilà! Listos para cocer!
  2. Asar patacas: se non tendes forno e queredes unhas patacas asadas que non costa nada de facer, botádelle un ollo a este artigo, do sempre recomendable blog de María Tesouro. Unha guanición de primeira!
  3. Pelar allos máis rápidamente: se metedes os dentes de allo durante 15 segundos a temperatura media, despois será moito máis doado quitarlles a pel.
  4. Arrenxar o mel “duro”: cando leva un tempo no bote ou vai moito frío, o mel queda duro e pode ser difícil de estender. Para solucionalo, metémolo 30 segundos a temperatura media e voltará ao seu esplendor. Se aínda quedase duro, repetimos a operación. Vale o mesmo para a Nutella fría ou resesa.
  5. Facer un brownie nun minuto: só cómpre unha taza e os ingredientes, non poño receita porque Internet está cheo delas, coma por exemplo esta. Vai ideal cunha bola de xeado de vainilla, que derretirá co calorciño do brownie. Un consello: O mellor é comelo nada máis facelo, porque aguantar o que se di aguantar, non aguanta ben.

Un comentario en “Cinco cousas xeitosas que se poden facer no microondas”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *