Pescada ao forno con viño branco

Chegou a primeira receita de peixe do blog! Se vos pasa coma a min e tendes perguiza de cociñalo, apuntade isto, que é moi doado e sae ben bo.

Ingredientes (para 4 persoas):

1 quilo de pescada

1 cebola grande

3 patacas grandes

250 de cenouras

1 lata de chícharos

Medio vaso de viño branco

Sal e perexil

Aceite

  1. Pedide na peixaría a pescada sen espiñas. Daránvos dous lombos.
  2. Pelamos as patacas e cortámolas en láminas de entre 0,5 e cm de grosor. Fritimolas un chisco en aceite ata que douren polos dous lados. Reservar nun prato aparte.
  3. Prequentamos o forno a 170º.
  4. Sacamos o aceite da sartén e botamos a cenoura cortada en tiras e a cebola (cortada finiña tamén) na tixola.
  5. Nunha fonte, facer unha “cama” de patacas, cenoura, cebola e os chícharos escorridos. Colocamos a pescada por riba e engadimos dúas ou tres culleres de aceite de oliva, sal e perexil.
  6. Metemólo no forno e despois de 10 minutos, cando comece a secar por riba, botamos o viño branco. Deixamos cocer 10 minutos máis.

DSC05001

Que aproveite!

2 comentarios en “Pescada ao forno con viño branco”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *